Friday 03 de May de 2024

Mesón do Vento acolle unha nova cita co Feirón da Adina


O Mesón do Vento acolleu unha nova cita co Feirón da Adina. O recinto feiral foi o epicentro desta cita comercial, na que non faltaron cabezas de vacún, porcino e incluso exemplares de burros. Froitas e verduras das hortas da zona, queixos, churros, doces, empanadas, roupa, zapatos, artesanía etc, foron outras das cousas que se puideron mercar nos postos instalados para a ocasión.
Unha vez máis o Concello de Ordes colaborou cos organizadores desta cita para levar a cabo a súa celebración. Deste xeito quérese dar apoio a todas as persoas que queiran apostar polo consumo de proximidade, tanto á hora de vender como de mercar produtos propios da zona. Á par tamén se ofrece unha actividade que supón un revulsivo para as vendas no sector comercial e hostaleiro do Mesón do Vento.